Sunday 28 de April de 2024

O Servizo de Atención Temperá organiza unha saída en familia ao Aquarium Finisterrae da Coruña


· A actividade terá lugar este sábado, 18 de xuño, e habilitarase transporte con paradas en Cee e Vimianzo.

· Esta é a primeira saída que se leva a cabo desde este servizo, do que forma parte o Concello de Camariñas xunto con outros nove concellos da comarca.

O Servizo de Atención Temperá (SAT) da Costa da Morte, do que é membro o Concello de Camariñas xunto con outros nove concellos da comarca, organizou para este sábado, 18 de xuño, a súa primeira saída en familia con motivo do día da Atención Temperá que se celebra mañá, 16 de xuño. O lugar escollido para esta actividade é o Aquarium Finisterrae da Coruña.

A fin de facilitar que asistan todas as familias contarase con transporte, que fará dúas paradas: unha na estación de autobuses de Cee (saída ás 10 horas) e a outra na parada de autocares fronte ao SAT en Vimianzo (saída ás 10:45 horas).

A visita ao Aquarium está prevista para as 12 horas e, se fai bo tempo, xantarase no merendeiro da Praia de Lapas (ao carón do acuario).